A Escola de Música de Lourenzá ten aberta a matrícula para o curso 2023-24 ata o 30 de setembro.

A Escola de Música de Lourenzá te aberto ata o 30 de setembro o prazo de matrícula para o curso 2023-24, no que se aceptará o alumnado por orde de inscrición e terán preferencia os alumn@s de cursos anteriores.

Na escola de música laurentina ofrecen ensinanzas de frauta, óboe, fagot, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba, percusión, batucada, gaita galega, piano, acordeón, guitarra, música e movemento (para maiores de 3 anos), linguaxe musical, conxunto tradicional e banda de música.

Os interesados poden contactar a través do correo electrónico bandademusicadelourenza@gmail.com ou do teléfono 618.43.50.83.