Activo

03/03/2022

As Concellerías de Deportes e de Servizos Sociais únense para ofrecer escolas deportivas de envellecemento activo para xoves de máis de 60 anos empadroados en Burela.

Segundo explican Carmela López e Ramiro Fernández “estas actividades están dirixidas a persoas activas e será o técnico de deportes do Concello de Burela, Iván Cao Lucas, o que imparta as clases, que serán lúdicas baseadas en xogos, estiramentos, forza xeneral con pesas, circuítos técnicos, actividades de coordinación...”.

A inscrición poderá realizarse na Casa do Concello do 7 ao 9 de marzo. A adxudicación de prazas será por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos esixidos. As persoas interesadas en participar poden descargar a ficha de inscrición na web www.burela.org ou ben recollela...

leer más
Etiquetas:
06/08/2021

RibadeoXVivo así se denomina a nova guía de turismo activo na natureza que acaba de editar o Concello con toda a información relacionada coas empresas de lecer que operan no territorio. Recolle máis de 20 actividades diferentes. Atópase en formato papel nas oficinas de turismo e tamén pode descargarse na páxina web de Turismo de Ribadeo. Foi presentada hoxe polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro Pablo Vizoso.  

O edil de Turismo dixo que “a área xeográfica que abarca o territorio do concello de Ribadeo é un enclave natural de alto valor ecolóxico, cunha elevada concentración de recursos naturais e paisaxísticos singularmente recoñecidos. Estamos a falar, por exemplo, da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, ou dos espazos encadrados na Rede Natura 2000, como o ZEC Ría de Ribadeo e o ZEC As Catedrais, tamén a...

leer más