Calendario
O Calendario inclúe este ano fotos do fotógrafo xovense Emilio Pérez. Desde o Concello explican que “para completalo recorremos ao libro A fonte da vida longa, editado a finais dos anos oitenta e no cal os alumnos do Colexio Público de Xove recolleron unha serie de lendas populares baixo a coordinación de Marica Campo e Xosé González “Chema”, coas acuarelas de Xoan Guerreiro”.
O Concello de Cervo felicita un ano máis estas Festas á veciñanza co tradicional calendario de Nadal.
En total editáronse 2.200 exemplares que o equipo de goberno xa está a repartir estes día fogar por fogar, polas distintas parroquias do municipio.
Como é tradición, a veciñanza é a protagonista indiscutible deste almanaque, que conta cun deseño moi especial no que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de xuntanzas de amigos, familias e asociacións, festas populares e recordos de escolas e clubs deportivos que tiveron lugar entre os anos 1981 e 1997; e que, de seguro, lles van traer moitos recordos aos protagonistas.
Ademais, resulta unha ferramenta moi útil para os veciños, que contan cunha lista de festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional, unha...
leer másCo propósito de seguir a promocionar a vila como destino turístico o Concello ven de editar o calendario RibadeoXQSi 2022.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explica que “este calendario presenta a ribadenses, peregrinos e visitantes, a gran riqueza e diversidade que ofrece o noso municipio. Un lugar onde descubrir paisaxes naturais espectaculares nos que perderse e nos que practicar todo tipo de actividades, ou adentrarse nun casco histórico único, de marcado carácter ilustrado, e que conecta cun dos máis importantes legados indianos existentes en Galicia. Gozar da súa cultura, onde sempre se atopará algo que ver e facer”.
O edil ribadense indica que “o calendario destaca doce recursos ou produtos turísticos, un por mes, e conta con códigos QR escaneables que permiten acceder á información ampliada sobre o...
leer másO Concello de Cervo felicita á veciñanza do municipio co seu tradicional calendario de Nadal.
En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.
Tal e como explicou o rexedor Alfonso Villares, “este calendario é xa é todo un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de celebracións...
leer másJosé Luis Llano Murias, asturiano natural do municipio de Boal e afincado actualmente en Navia, é o gañador do certame fotográfico por Gráficas LAR, de Viveiro, para o seu calendario do ano 2022, que xa está editado. Nas anteriores edicións deste concurso o premio, de 300 euros en metálico, foi para fotógrafos de México, Bilbao e Alicante.
O inicio do Calendario LAR remóntase ao ano 2010 cunha variada galería do destacado fotoxornalista galego Xosé Abad. Nas súas primeiras edicións a autoría das fotos do calendario decidíase entre amigos e colaboradores da imprenta Gráficas LAR sen existir un certame. Desta forma participaron fotógrafos profesionais como Xulio Villarino (2011) e Jaime Pola (2017), afeccionados como José López (2012), Eugenio Álvarez (2013) e Dani KXT (2016) e mesmo houbo colaboracións coa asociación de fotógrafos...
leer másO Concello de Barreiros editou un calendario de 2021, que está dedicado ao Entroido. Os veciñ@s poden recoller o seu exemplar nas oficinas municipais.
Desde o Concello explican que “no 25 aniversario dos nosos xigantes e cabezudos quixemos que o protagonismo do 2021 fora para o Entroido. Porque si, temos a seguridade de que, igual non no ano que entra, pero volveremos celebrar o Entroido e as rúas volverán á vida. E mentres tanto poderemos deleitarnos lembrando aquelas celebracións”.
La Organización de Productores Pesqueros de Lugo presentó en el Salón de Actos de ABSA (Burela, Lugo) su nuevo calendario 2020, en el que se promociona el consumo de pescado como una de las principales bases de una vida saludable.
El calendario cuenta con la colaboración de Armadores de Burela y especialmente del doctor Guillermo Aldama López, de la Unidad de Cardiología del Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) y miembro de la Sociedad Española de Cardiología y de la Fundación Española del Corazón.
El doctor Aldama defiende el consumo de pescado como base de la dieta mediterránea y sobre todo en su variedad de la dieta atlántica, un alimento, además de sabroso, muy rico en grasas “premium” Omega-3 que ayudan a nuestro organismo y son una de las razones por las que España sea uno de los países con...
leer másO Concello de Cervo felicita aos veciños do municipio co tradicional calendario de Nadal que foi presentado no día de hoxe no edificio municipal por parte do equipo de Goberno.
En total editáronse 2.200 exemplares que xa se están a repartir fogar por fogar.
Tal e como explicou o rexedor “este calendario é xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.
Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos,...
leer másDende hai anos o Concello de Xove elabora un calendario co cal agasalla a todos os seus veciños e lles desexa un bo Nadal e un feliz Aninovo. A concelleira de Cultura, Dolores Meitín, quen elaborou o calendario deste vindeiro ano 2020, fixo a presentación do mesmo.
O calendario 2020 mostra nas súas páxinas un conxunto de fotografías antigas no que se recollen encontros familiares, reunións de amizade e xuntanzas nas festas.
Dende o Concello agradécese a tódalas persoas e familias que desinteresadamente prestaron as fotos para este calendario; tamén un recordo para toda a xente que aparece nestas fotografías e que xa non nos acompañan.
O alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, Dolores Meití, e varios directivos da Asociación Autoclásicos de A Mariña realizaron a presentación do Calendario 2019.
O calendario está composto por fotos de todo o concello. En cada imaxe de cada un dos meses móstranse distintos vehículos clásicos (coches e motos) pertencentes a distintos membros da asociación.
A realización deste calendario contou coa participación da Asociación de Autoclásicos da Mariña, a quenes dende o Concello de Xove lles agradecen a súa colaboración.