O Concello de Barreiros repartirá polas casas o calendario de 2024, que está centrado en fotos antigas das escolas do municipio

Desde o Concello explican que “nos vindeiros días teremos a disposición de toda a veciñanza o calendario deste 2024, que un ano máis edita o Concello de Barreiros”. 

E sinalan: “como xa sabedes, a temática estaba centrada en fotos antigas das escolas de Barreiros e das vivencias escolares que, aínda que as lembremos, ás veces quedan no esquecemento”. 

Proximamente, empregados/as municipais comezarán a repartir polas casas os almanaques pero, se algunha persoa o quere antes, pode pasarse a recollelo polas oficinas municipais.

Desde o Concello barreirense engaden: “agardamos que vos guste tanto coma a nós e que vos traia fermosas lembranzas”.