En Burela repartirase en varios lugares o calendario 2024 elaborado pola comisión do centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista

En Burela tivo lugar a presentación do calendario 2024 elaborado pola comisión do centenario da Confraría de Pescadores San Juan Bautista.

A alcaldesa, Carmela López, e o concelleiro de mar, Ramiro Fernández, membro da comisión, estiveron no acto de presentación deste traballo cargado de historia e que pon en valor a labor tan importante da Confraría para con Burela.

Os calendarios repartiranse en diferentes puntos da localidade e Casa Consistorial é un deles.