A Escudería A Pontenova organiza unha cea baile para o 11 de novembro

A Escudería A Pontenova organiza unha cea baile que se celebrará no Local das Sociedades o 11 de novembro, sábado, a partir das 22:00 horas.

Será servida polo restaurante O Lar de Balbina e o menú incluirá empanada, callos, carrilleiras, sobremesa e café. Ademais haberá sorteos e baile, que será amenizado por DJ Bombarbero.

Os tickets para asistir están á venda ata o 8 de novembro en O Lar de Balbina e Librería Eugenia.

Os interesados poden contactar coa organización a través dos teléfonos 623.03.12.06 ou 690.07.61.36.