Está aberta a inscrición para participar na II Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrará o 18 de agosto.

A II Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que organiza o Club de Atletismo ribadense coa colaboración do Concello, terá lugar o 18 de agosto con saída ás 21:45 horas. O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, David Rivas, e por directivos do Club de Atletismo de Ribadeo como a presidenta, Ana Ferradás, e o vocal Arximiro García. No acto tamén participou Verónica Baciero, representante dunha das firmas que colaboran con esta cita deportiva. 

O edil de Deportes dixo que “desde o Concello valoramos moi positivamente que os clubs organicen este tipo de actividades como esta II Carreira Nocturna Rinlo –Ribadeo. Dado o éxito de participación que tiveron na primeira edición é moi bo sinal que este ano se repita e poidan mellorar aínda ese número de participantes que roldou os catrocentos. É unha carreira de verán que case é unha antesala á que organizamos desde o Concello, que é a media maratón Ribadeo-As Catedrais”. David Rivas animou “a todas as persoas ás que lles guste o atletismo, ás que lles guste correr, a que participen nesta carreira que é distinta porque ten a particularidade de ser nocturna cun recorrido verdadeiramente bonito entre Rinlo e Ribadeo”. 

Pola súa banda, Verónica Baciero, manifestou: “anunciamos desde Ribadeo que se va a celebrar la segunda carrera nocturna Rinlo-Ribadeo el 18 de agosto de 2018, el recorrido tendrá 8´7 km. Animamos tanto a mayores como a pequeños a participar. Las inscripciones se realizarán en www.championchipnorte.com. Agradecemos toda la participación de los colaboradores, gracias a todos los que participaron el año pasado, y este año se han añadido unos cuantos más.  Animamos a todo el mundo a que se apunte, y corra esta carrera, esté preparado o no, porque va a ser divertida, animada y llena de ilusión. Hay que apoyar la salud y el deporte”.

As categorías pitufos, prebenxamín, benxamín e alevín participarán nunha carreira entorno ao parque de San Francisco. A saída neste caso será ás 20:30 horas. 

E ás 21:30 partirá desde o Faro da Illa Pancha rumbo ao parque de San Francisco a carreira infantil e cadete. 
A inscrición na II Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo está aberta.