Este sábado, 16 de marzo, Talía Teatro representará en Viveiro “Unha inimiga do pobo”

Este sábado, 16 de marzo, ás 20:30 horas Talía Teatro representará en Viveiro “Unha inimiga do pobo”. Será no Pastor Díaz.

O elenco artístico está formado por Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo E Xurxo Barcala

Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa xunto ao seu compañeiro. Embarazada de cinco meses, afronta o seu novo estado coa ilusión por un novo proxecto profesional co balneario que ela mesma deseñou e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable.

A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza que ve como se pon en risco a prosperidade para toda a comunidade.