A exposición de pintura "Las montañas mágicas", de Adolfo Falces, pódese visitar no Complexo RegalXunqueira, en Viveiro, do 10 de xuño ao 28 de xullo.

O complexo cultural Regalxunqueira de Viveiro acolle do 10 de xuño ao 28 de xullo a exposición de pintura Las montañas mágicas de Adolfo Falces.

Trátase dunha mostra na que o artista madrileño expón a paisaxe monástica de San Millán de la Cogolla, na Rioja, dirixindo a súa mirada aos picos máis elevados da serra da Demanda, San Lorenzo e Cabeza Parda. Este sistema montañoso vertebra a fronteira entre Soria, Burgos e La Rioja, ademais de configurar os fértiles vales a partir dos caudalosos ríos que nacen no lugar. O mosteiro, declarado Patrimonio Mundial en 1997, configura unha paisaxe cultural de crucial importancia para explicar o nacemento e desenrolo da lingua española e o temprano establecemento do monacato na Península Ibérica durante a alta Idade Media.

O proxecto artístico de Adolfo Falces pretende retratar e recrear esta paisaxe como un todo que alberga tanto o patrimonio material como o inmaterial dese territorio. O autor presenta máis de trinta obras pictóricas con técnicas mixtas sobre papel, madeira e tela, de formatos variados e sempre dentro da dimensión da pintura de caballete.