A exposición Kinético chega o 17 de setembro a Ribadeo e o 19 haberá contacontos en Vilaselán, Santalla e A Devesa.

No Auditorio Municipal este venres, 17 de setembro, durante toda a mañá, sete grupos de escolares visitarán a exposición de autómatas Kinético, onde os artífices do proxecto Xira Paus, Manu Taboada e Ero Vázquez, lles explicarán ás crianzas o funcionamento destas maquinarias e como manipulalas. Esta actividade lévase a cabo a través da colaboración cos centros de ensino e co patrocinio da Área de Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A mostra tamén se pode visitar pola tarde, entre as 17:30 e as 19:30 horas.

O domingo, 19 de setembro, seguindo coas actividades nas parroquias, actuará o contacontos Celso Fernández Sanmartín que estará na Escola de Vilaselán ás 12:00 horas, no Teleclube de Santalla ás 18:00 horas e no Círculo Habanero A Devesa ás 20:00 horas.