A Feira Foz Market, que terá lugar do 15 ao 19 de agosto, contará con food trucks, salón do automóbil, actividades infantís e música en directo polas noites.

A explanada portuaria acollerá unha nova edición de Foz Market do 15 ao 19 de agosto. Nesta cita haberá festival de food trucks, salón do automóbil, actividades infantís e concertos musicais. A feira está organizada por EsMarket coa colaboración de ACIA/CCA Foz e do Concello de Foz.

Ángel Rojo, representante de EsMarket, anunciou que “este año contaremos con 12 o 14 food trucks con gran diversidad gastronómica. Habrá comida mejicana, peruana, asturiana, gallega, japo, propuestas gourmet, etc… con preparaciones que solo puedes degustar en las food trucks, de ahí el éxito cosechado en las ediciones anteriores”.

En Foz Market haberá tamén salón do automóvil con diferentes marcas de vehículos, “que trae a Foz un ano máis o Grupo Breogán, que virá con coches eléctricos, híbridos e tamén vehículos quilómetro cero, que suscitarán a atención dos amantes do mundo do motor”, explicou José Carlos Paleo, presidente de Acia/Centro Comercial Aberto de Foz. 

Rojo tamén relatou que “contaremos con una amplia zona infantil en la que se desarrollarán diferentes actividades infantiles y espectáculos para los niños y niñas por las tardes. De esta programación se encarga la empresa IG10. Y por las noches a partir de las 22 horas habrá conciertos en vivo y en directo para amenizar las veladas de Foz Market”. 

No acto de presentación de Foz Market participaron o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, e o presidente de ACIA/CCA Foz, José Carlos Paleo, que animaron “á xente a acudir a esta feira para gozar da gastronomía, das actividades para os máis pequenos, dos coche, dos concertos… en definitiva é unha cita para pasar unhas horas de ocio, de xeito gratuíto, no noso pobo”.