As festas de Xunqueira, en Viveiro, terán lugar do 9 ao 11 de setembro. Haberá música, callos e toro mecánico, entre outras actividades.

A celebración será na segunda fin de semana de setembro 

O Concello de Viveiro, xunto a Comisión de Festas, presentou o programa das festas de Xunqueira, na honra de Nosa Señora de Valdeflores. 

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o primeiro tenente de alcalde, Jesús Fernández, acompañaron ao único integrante da comisión de festas na presentación, Jacobo Otero Regal. Dende o Concello de Viveiro agradecen a Jacobo o seu esforzo, xa que decidiu asumir a organización das festas malia ser a única persoa presente na comisión. 

As festas celebraranse os días 9, 10 e 11 de setembro, incluíndo verbena, sesión vermú, festa dos callos, así como festa da espuma e toro mecánico, entre outras actividades.