Foz acollerá o 16 de setembro dúas actividades do programa Espazos Sonoros, da Xunta: unha visita á Frouxeira e un concerto na Basílica de San Martiño.

Foz acollerá este domingo, día 16, dúas actividades do programa Espazos Sonoros, organizado pola Xunta de Galicia. Son unha visita á Frouxeira e un concerto na basílica de San Martiño. Ambas son gratuítas.

Para participar na visita á Frouxeira, que será ás 15:00 horas, hai que anotarse a través da dirección de correo electrónico actividades@espazossonoros.org. Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas, debendo aportar o nome completo de cada un dos participantes e un número de teléfono de contacto. O día da actividade terán que presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.

O concerto na basílica de San Martiño de Mondoñedo está programado para as 19:00 horas e correrá a cargo do grupo VIVID Consort.