Foz acollerá os días 5 e 6 de setembro dúas actividades de cine ao aire libre.

As rúas de Foz acollerán dúas actividades de cine ao aire libre mañá, martes, e este mércores, día 6.

Mañá, martes, no paseo da Rapadoira terá lugar a iniciativa denominada A Caixiña dos Mistos, que ofrece proxeccións e obradoiros de cine para nenos e nenas maiores de 3 anos de idade.

E este mércores, día 6, ás dez da noite proxectarase a película Os fenómenos, protagonizada por Lolas Dueñas e Luis Tosar e para maiores de 7 anos. Está previsto que se celebre na praza Conde de Fontao, pero en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura. 

Esta iniciativa da Biblioteca Pública Municipal de Foz, chamada Cine de Verán, está subvencionada pola Secretaría Xeral de Normalización Lingüística, da Xunta de Galicia, dentro do programa FalaRedes.