Foz acollerá unha concentración de vehículos clásicos o 16 de xuño. Os participantes visitarán tamén Castropol e Ribadeo.

Foz acollerá unha concentración de vehículos clásicos o vindeiro sábado, 16 de xuño, coa que colabora o Centro Comercial Aberto. 

O programa de actividades dará comezo ás 9:30 horas coa inscrición dos vehículos participantes, que terá lugar na praia da Rapadoira. Ás 12:30 horas haberá unha degustación en locais da rúa Illa Nova e ás 13:30 horas iniciarán unha ruta por Ribadeo.

A xornada continuará co xantar que se celebrará no Parador de Ribadeo ás 14:30 horas. Os asistentes a esta concentración de Vehículos Clásicos realizarán unha ruta por Castropol, e a partires das 16:30 horas farán unha visita guiada pola localidade asturiana.

Ás 17:30 horas haberá un paseo en barco pola ría e ás 20:00 horas percorrerán o porto de Foz. O programa rematará ás 20:30 horas coa degustación duns pinchos na terraza do Lar de Bustos.

O Centro Comercial Aberto de Foz colabora, xunto co Concello de Foz, na celebración desta concentración.