Grandes descontos e ofertas no Black Friday de Acisa Ribadeo do 25 ao 27 de novembro. Participan 35 establecementos comerciais.

Trinta e cinco establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday do 25 ao 27 de novembro. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos ou agasallos. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo, personalizado, onde podemos ver e tocar os produtos e onde sempre haberá unha cara amable á que poder acudir”.

Cruzado Iglesias dixo que “en Ribadeo seguimos a sacarlle proveito aos domingos, xa que en moitos sitios esa xornada xa non se celebra o Black Friday por que non se abre, pero en Ribadeo si, algo co que marcamos a diferenza e que o cliente pode aproveitar tamén esa xornada de mañá para facer as súas compras e beneficiarse das ofertas e descontos que atopará nos negocios asociados”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “o noso Black Friday de tres días coincide coa campaña das Panchas, na que por cada 30 euros o Concello de Ribadeo regala 10, é dicir recibimos 40 panchas. Entón consideramos que é un bo momento para aproveitar os descontos do Black Friday empregando tamén a moeda local de Ribadeo. Un ano máis, esta é moi boa ocasión para vir mercar á nosa vila”. 

Pérez Prada engade: “toda a información detallada das ofertas, pódese encontrar na nosa web www.acisaribadeo.es ou no noso facebook. Hai grandes promocións que non merece a pena perder”. 

Os establecementos participantes no Black Friday de 2022 son: Eomática, For Friends, La Moda Mujer, La Moda Básico, Siñeiro, Anaís, La Moda Sport-Dequip, La Moda Hombre, Beep, R23, Sendín, Ginzo Hombre Mujer, Mika, Sanjurjo, Esprit, Terra Branca, Grisi, Vitaldent, Mercería Torviso, Phonergy, Pepa Peineta, Menfer, Glass, Naná, Fauna, Bora Bora, Opticalia, Adele, Pequerrechos, La Coqueta, Pippol´s, Dándara, Farfala Kids, Del Río e Valentina. 

A campaña foi presentada xunto a algunhas das firmas que participan no Black Friday 2022 en Ribadeo.