Hans van der Zanden e Anastasia Goldberg ofrecerán un concerto o 31 de xullo na igrexa de Lourenzá.

O vindeiro domingo, 31 de xullo, as 19:00 horas terá lugar na Igrexa de Lourenzá un concerto de Hans van der Zanden e Anastasia Goldberg, da man de Peregrinos Musicales e O teu Xacobeo. A cita conta coa colaboración do Concello de Lourenzá. 

Neste concerto os intérpretes tocarán varias pezas de música clásica de diversos autores, como son  L. van Beethoven, P. Dukas, W.A. Mozart e J. Brahms.