A II Baixada das Carrilanas Concello de Riotorto celebrarase o 23 de setembro. Inscrición aberta ata o día 20.

O 23 de setembro terá lugar a segunda baixada das carrilanas en Riotorto.

A actividade está organizada pola Asociación de Carrilanas os Meiregos, club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudar aos negocios.

As inscricións poderán realizarse ata o 20 de setembro ás 23.59 horas.

Os menores de idade enviarán ao organizador da carreira a autorización correspondente para poder participar na proba, envío obrigatorio ao asociacionosmeiregos@gmail.com.

A xornada dará comezo ás 11.00 horas coas verificación técnicas e administrativas, de 13.00 a 14.00 horas haberá un pincheo. Ás 14.30 horas comezará o remonte de participantes á liña de saída e media hora despois serán os adestramentos oficiais.

A saída da primeira baixada oficial será ás 16.30 horas e ás 18.00 será a saída da segunda quenda.