A III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo terá lugar o 24 de agosto. A saída para a categoría Pitufos será ás 20:00 horas e para a absoluta ás 21:45 horas.

O 24 de agosto celebrarase a terceira edición da carreira nocturna Rinlo-Ribadeo.

A proba ten unha distancia de 8´7 quilómetros para a categoría Absoluta, 2´5 quilómetros para as categorías Infantil e Cadete, 600 metros para os alevíns, 350 metros para os benxamíns, 150 metros para os prebenxamíns e 60 metros para a categoría Pitufos.
As inscricións poden facerse en championchip.com e o prezo, nas categorías absolutas, é de entre 8 e 10 euros.

Á categoría Pitufos corresponden @s nad@s no ano 2014 e posteriores; Prebenxamín, do 2012/2013; Benxamín, do 2010/2011; Alevín, do 2008/2009; Infantil, do 2006/2007; Cadete, do 2004/2005; e Absoluta, do ano 2003 e anteriores.

A saída será ás 20:00 horas para a categoría Pitufos, ás 20:05 h. para os prebenxamíns, ás 20:15 h. para os benxamíns, ás 20:25 h. para os alevíns, 21:30 h. para os infantís e 21:45 h. na categoría Absoluta.

Será obrigatorio o uso de frontal de luz e aconsellable o uso de reflectores. A organización facilitará un frontal de luz a todos os participantes. Nas probas de menores será obrigatorio cubrir o modelo de autorización polos seus titores legais. Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba.