Ledicia convoca un concurso de carteis co gallo da celebración da Feira do Bonito, que terá lugar en Burela os días 6 e 7 de agosto.

A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia convoca un concurso de carteis co gallo da celebración da XXVI Feira do Bonito os vindeiros 6 e 7 de agosto de 2022 na zona portuaria de Burela (Lugo). O prazo de presentación de traballos remata o 20 de xuño.  

BASES:
Convócase o concurso en dúas categorías: Categoría A para concursantes ate 14 anos (incluidos) e Categoría B para concursantes maiores de 14 anos 2. 

Poden participar tódalas persoas que o desexen (con un ou varios traballos) que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior; indicando no exterior a categoría na que concursan.

O tema debe ter – necesariamente – relación co bonito e/ou co ensalzamento da feira.

O encabezamento do traballo será XXXVI FEIRA DO BONITO, e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración Burela 6 e 7 de agosto de 2022.

A técnica a empregar é libre, pero no caso de traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son: Cat. A: 15 X 20 cm e Cat. B: 50 x 65 cm 6.

Os orixinais poden entregarse ata o día 20 de xuño de 2022 no local social da Sociedade Cultural LEDICIA – Rua do Ril, 4 entr/baixo – 27880 – Burela  de xeito persoal os luns entre as 21:00 h e as 21:45 h , por correo,  contactando con algunha persoa da xunta directiva. 

Premiarase un traballo por categoría: o gañador da Categoría A para o programa de man, e o da Categoría B para o cartel anunciador da Feira 8. 

Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e serán entregados o propio dia da celebración.

Tódolos orixinais quedarán en poder da S.C.R. Ledicia 10. 

A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.