"Lembranzas do Nadal de Burela", de Paco Salgueiro proxectarase o 3 de xaneiro no auditorio municipal burelés.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz, mantiveron unha reunión coa cronista oficial, Herminia Pernas, e con Paco Salgueiro, autor do vídeo documental Lembranzas do Nadal de Burela, que se vai proxectar no auditorio municipal o día 3 de xaneiro ás 20 horas.

O edil burelés explicou que “é un traballo audiovisual que recompila información desde os anos 40 de cómo era o Nadal en Burela, con imaxes e con declaracións de veciños”.