Librería Bahía, de Foz, celebrará o Día Internacional do Libro Infantil o 1 de abril cunha sesión de Familias que Contan.

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Cada ano un país é o patrocinador internacional do Día do Libro Infantil. Elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. 

Este ano correspóndelle a Rusia que difunde a mensaxe do poeta Sergey Makhotin e o cartel del Mikhail Fedorow. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.

A Librería Bahía únese a este celebración organizando o día anterior, o sábado, 1 de abril, ás doce da mañá, unha sesión de Familias que Contan, na que Rocío Díaz vai contar o conto "O oso atrapabolboretas".