Lourenzá acollerá o 4 de maio unha conferencia sobre nutrición deportiva a cargo da campioa do mundo de atletismo Carolina García.

O salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá unha conferencia sobre nutrición deportiva a cargo da campioa do mundo de atletismo Carolina García. Será o día 4 de maio, xoves, ás oito da tarde con entrada aberta para todos os públicos.

Carolina García, que foi campioa do mundo de atletismo na categoría W35 en 200 metros aire libre no ano 2016 e conseguiu moitos títulos máis na súa carreira deportiva, falará sobre a situación actual da alimentación e a súa incidencia no rendemento, os requirimentos nutricionais do deportista, como controlar o peso no deportista e como sacar partido ao complementos nutricionais, entre outros temas.