Mª Dolores Labrada, de San Martiño, é a gañadora do vale de 150 euros en produtos de Pastelería Anduriña posto en xogo durante a 8ª Festa da Empanada.

Mª Dolores Labrada, de San Martiño, é a gañadora do vale de 150 euros en produtos de Pastelería Anduriña. No sorteo, celebrado esta mañá en Radio Foz, entraron todas as persoas que fixeron as súas compras por importe de 15 euros ou máis neste local do 22 de abril ao 1 de maio durante a súa 8ª Festa da Empanada. 

Moncho Castro, o propietario do establecemento, fai un balance positivo: “o balance é moi positivo. Sobre todo o que notamos é que os clientes se animaron a probar as variedades que non son tan habituais. Agora estes vindeiros días cos encargos que estamos a recibir é cando realmente notaremos o efecto que ten a festa”. 

A 8ª Festa da Empanada de Pastelería Anduriña, de Foz, inclúe unha exposición de homenaxe á Coral Polifónica de Foz, que a piques está de cumprir 40 años. Moncho Castro lembra que “todos os anos por estas datas organizamos unha mostra de fotos. E neste 2022 a protagonista vai ser a Coral Polifónica de Foz. Ata o mes de setembro poderanse verse arredor de corenta fotografías e como hai tantas imaxes despois do verán en setembro amosaremos outras tantas instantáneas mais, que estarán expostas no noso local ata a vindeira Festa da Empanada”.