Mariña Patrimonio organiza o 10 de decembro unha visita por Xove.

Mariña Patrimonio organiza para o próximo sábado, 10 de decembro, unha visita polo patrimonio do Xove. Nesta saída contarán coa colaboración de Lucía Meitín, especialista en cultura e patrimonio do concello de Xove, e de Antón Niñe, gran coñecedor do patrimonio relixioso da comarca da Mariña. Está previsto visitar en xornada de mañá a Igrexa e o Pazo da Rigueira, a Igrexa de Xuances e San Tirso;  e en xornada de tarde, a aldea de Morás, “onde escoitaremos falar das tradicións de Xove”, explican desde a organización.

E engaden: “aínda que a data límite para apuntarse remata o martes 6 de decembro , cómpre facelo canto antes para facilitar a organización da actividade, tendo en conta que hai un límite de participantes e terán prioridade aqueles que antes o comuniquen. Para máis información e coñecer os detalles desta visita a Xove, pódese consultar o blog de Mariña Patrimonio http://mrpatrimonio.blogspot.com”.