Mariña Patrimonio organiza unha charla titulada "Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña", que terá lugar o 21 de outubro en Sargadelos.

Mariña Patrimonio organiza unha conferencia que leva por título "Un achegamento ao patrimonio inmaterial da Mariña". Nela farase unha presentación dos resultados do traballo de prospección e documentación de patrimonio inmaterial da Mariña realizado durante o ano 2021 polo antropólogo Rafael Quintía, da empresa Ab origine Antropoloxía S.L.L. 

O proxecto de investigación foi promovido pola Asociación Mariña Patrimonio con fin de inventariar parte do rico patrimonio inmaterial dos concellos da Mariña como paso previo para a solicitude da súa futura catalogación e inclusión no inventario oficial da Xunta de Galicia.

A charla terá lugar este venres, 21 de outubro, ás sete da tarde no Museo Histórico de Sargadelos.