A música será protagonista os días 30 e 31 de outubro en Ribadeo con Abe Rábade e Maestrissimo.

A música protagoniza a fin de semana en Ribadeo. 

O sábado, 30 de outubro, o pianista e compositor compostelán Abe Rábade ofrecerá un concerto ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 4 euros. O mesmo sábado terá lugar unha masterclass, no propio auditorio, de 17:00 a 2000 horas. As prazas serán limitadas a 40 e o prezo de inscrición é de 20 euros para os asistentes en xeral, 18€ para os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e 15 euros para os socios da Asociación Cultural Bruar, organizadora destas actividades. O teléfono de contacto é 677 73 40 84.

O domingo, 31 de outubro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval, presentarase Maestrissimo. As entradas están á venda en www.gameoverpro.es e o propio día da función na billeteira desde as 19:00 horas.