Na biblioteca municipal de Ribadeo haberá contos para nenas e nenos de 3 a 5 anos este venres, 13 de febreiro

O Concello de Ribadeo anuncia: “este venres, 13 de febreiro, temos unha cita moi especial na Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho: Contos na biblioteca, coas nosas Mestras de Conto. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 5 anos. Unha tarde chea de historias, maxia e imaxinación”.

Haberá dúas sesións: ás 17:00 e ás 18:00 horas, con 10 prazas en cada unha. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición no WhatsApp da Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, que é o 604.08.42.01.