Na Librería Bahía, de Foz, os máis pequenos poderán gozar o 17 de decembro de "O Conto de Nadal" de Charles Dickens.

Na Librería Bahía van celebrar o Nadal este domingo, día 17 de decembro, ás doce da mañá cunha sesión de Familias que contan.

“Nesta ocasión serán Marietta Tornamira e o seu fillo Luis Carballada os que nos traerán O CONTO DE NADAL de Charles Dickens. Marietta e Luis prepararon unha versión infantil deste clásico de Dickens para achegalo ás pícaras e aos pícaros máis pequenos”, explicarn desde a Librería Bahía.

Familias que contan é unha iniciativa da Librería Bahía que está tendo unha gran acollida tanto de participantes coma de público, na que son as propias familias as que preparan –xunto coa libreira- unha sesión de contos aberta para todos os que queiran a chegarse á librería e participar dela.