Na piscina municipal de Viveiro haberá en xullo iniciación á natación para nenas e nenos e tamén mix training para os socios.

O Concello de Viveiro informa aos veciños e veciñas das actividades organizadas na piscina municipal para este mes de xullo.

- Iniciación á natación para nenos e nenas nacidos/as entre 2012 e 2016, establecendo dous grupos con seis prazas en cada un deles.
Un grupo será os luns e mércores e o outro grupo, os martes e xoves. Nos dous casos, o horario da actividade será de 10:00 a 11:00. O prazo para inscribirse nesta actividade remata o luns ou o martes da vindeira semana, en función do grupo.

- Actividade de sala mix training. Trátase dunha actividade nova que, durante este mes de xullo, será gratuíta para os socios, impartíndose de luns a venres, de 20:00 a 21:00 horas. 
É unha actividade multidisciplinar na que, cada día, se realizará unha actividade diferente. 
As prazas están limitadas a seis persoas por día.

As persoas interesadas poden obter máis información de calquera destas actividades ou realizar a reserva dirixíndose á recepción da piscina municipal ou chamando ao teléfono 982570610.