Na Ponte de Santos, o 30 e o 31 de outubro, celebraranse en Foz unhas xornadas de tapeo de carne de poldro de pura raza galega.

AciaFozCCA organiza unhas Xornadas de Tapeo de Carne de Poldro que se celebrarán os días 30 e 31 na Ponte de Santos.

Un total de quince establecementos hostaleiros participan nesta iniciativa ofrecendo tapas gratuítas con cada consumición.

Os locais que ofrecerán as súas preparacións con carne de poldro son: A Rambla- Pachán, A Viela, Anduriña, As Brasas, Augas Santas, Casa Damián, Dandy, Hotel Oca, O Lar, O Muelle Bar, Pizzería Xoiña, Portochico, Tangarte e Xoyma.

AciaFozCCA quere potenciar deste xeito a oferta gastronómica cun produto de calidade nunhas preparacións que poden resultar novidosas. O presidente, José Carlos Paleo, anima a focenses e visitantes “a saborear as propostas con carne de poldro de pura raza galega que vai elaborar a nosa hostalería durante a última fin de semana deste mes de outubro”. 

Colaboran con esta campaña: o Concello de Foz, ImpulsaFoz, Xunta de Galicia e Asociación Pura Raza Galega.