Neipín (A Pontenova) celebra as festas na honra a Santa Apolonia os días 2 e 3 de febreiro

A localidade de Neipín, no concello da Pontenova, celebrará as súas festas na honra a Santa Apolonia os días 2 e 3 de febreiro, venres e sábado. Haberá recinto cuberto.

O programa de actividades comezará o venres ás 22:30 horas con verbena amenizada por DJ Bombardero. E o sábado ás 13:30 celebrarase misa e a continuación sesión vermú co dúo Eclipse, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:30 horas, xunto co DJ Alejandro Martínez.