As nenas e nenos de 6 a 12 anos que desexen participar na Cabalgata de Reis de Viveiro poden inscribirse do 26 ao 28 de decembro no Teatro Pastor Díaz

A Concellería de cultura do Concello de Viveiro convoca aos veciños e ás veciñas co obxectivo de regular a súa participación como ¨figurantes¨na Cabalgata de Reis 2024 , o xoves 5 de xaneiro. 

Os criterios de participación regúlanse segundo o que dispoñen os seguintes puntos: 

2. Figurantes que irán sentados nas carrozas. Pódense inscribir todos os nenos e nenas que, na data 1 de xaneiro de 2024 teñan unha idade comprendida entre os 6 e os 12 anos. O total de prazas para ir nas carroza é de 40 nenos e nenas 

3. Inscrición. O período de inscrición será os días e 26, 27 e 28 de decembro de 9h a 14h. 

A folla de inscrición facilitarase no TEATRO PASTOR DÍAZ, ou pódese solicitar tamén por correo electrónico no rbg.cultura@viveiro.es

As solicitudes formalizaranse cubrindo dito documento. 

Os datos que se deben facilitar son os seguintes: 
- Nome e apelidos e data de nacemento.
- Nome e apelidos da nai, pai ou representante legal do/a menor, e autorización da participación do/a menor na cabalgata. 
- Teléfonos de contacto. - Correo electrónico.
 - Talla. 
- Autorización de uso da imaxe. 

A folla cuberta entregarase no teatro Pastor Díaz no horario anteriormente dito. - A recollida realizarase por orde de recepción das solicitudes debidamente cubertas e asignaráselle correlativamente a cada unha delas o seu número de solicitude correspondente.

- A asignación das 40 prazas farase por estrita orde de recepción das solicitudes. 

-Unha vez finalizada a adxudicación, comunicaráselles ás persoas interesadas as a súa situación na cabalgata, así como a información necesaria para que participen nela. Lugar e horario de presentación e horario e forma de recollida ó finalizar. 

CULTURA 
-Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, crearase unha listaxe de agarda para cubrir as baixas ou novas necesidades. 

Se unha persoa das admitidas, por razóns persoais , non puidera participar na Cabalgata, deberá comunicar ao concello con anterioridade ao día 4 de xaneiro a súa baixa para ser substituída pola persoa que por rigorosa orde de inscrición conforme a primeira praza da reserva, e así sucesivamente, por orde correlativa.

4. Participantes. 
Os participantes comprométense a presentarse o 5 de xaneiro no lugar e hora marcados como punto de encontro, vestidos unicamente con leggins negros, calzado escuro e camiseta térmica ou xersei de manga larga tamén negro. O vestiario será facilitado polo concello de maneira de préstamo gratuíto.