O 1 de setembro celébrase en Foz o II Open Quedada de Pesca, que organiza A Ribeira. Haberá premios e un xantar para tod@s @s participantes.

Este sábado, 1 de setembro, se as condicións climatolóxicas son favorables, a partires das 07:15 am sairán dos portos focenses 35 embarcacións procedentes de Burela, Foz, Ribadeo, e unha que se achega dende Santander. Toda elas se apuntaron a esta quedada para desfrutar dunha mañá de pesca deportiva pola costa da Mariña. 

Desde A Ribeira explican que “o obxectivo deste evento é o de fomentar a náutica e a pesca deportiva no noso pobo e na Mariña, para elo sairemos pescar como calquera outro día, sen mais regras que as reguladas pola normativa para pescadores deportivos. Xuntarémonos tódolos participantes as 13:30 na lonxa da confraría e alí expoñeranse o publico os peixes que durante a xornada fosen capturados. A xente que este día se achegue a lonxa de Foz poderá ver e preguntar polas distintas especies e saber de forma activa como é a pesca deportiva dende unha embarcación".

E engaden: “mais tarde preto das 14:00 nas inmediacións da praza Conde de Fontao e coa colaboración do Concello de Foz, CCA de Foz, El Castillo Pesca de Ribadeo e Kukadas Pesca de Foz contando tamén coa axuda Spanish Lures e dos locais hostaleiros de Foz, o Muelle, A Rambla, Rente o Mar, Xoima e A Funcional,  repartiremos uns trofeos, regalos e premios aos participantes do evento, con mencións destacadas como o premio “Lobo de mar” que se entregará ao patrón de embarcación mais veterano da xornada, ou a “A Pesquina”, premio para a muller que mellor pesque e tamén teremos un concurso fotográfico ligado o evento. Para remate da xornada temos programada unha boa comida para os participantes, cousa que xa e costume facer pola asociación A Ribeira de Foz”.

Desde A Ribeira animan “ao público en xeral que se acerque ao muelle de Foz este sábado para saber algo mais sobre a náutica e a pesca deportiva, un deporte para o que non conta o sexo, nin a idade, e no que a recompensa mais grande é nin mais nin menos que gozar do mar”.