Vintage

Etiquetas:
21/06/2019

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a sexta edición da Festa Vintage que se celebrará os días 28 e 29 de xuño.

Os comercios participantes ofrecerán descontos especiais durante esas dúas xornadas. Ademais haberá actividades de animación nas rúas, algunhas dedicadas especialmente aos máis pequenos e a música tamén será protagonista para amenizar a sesión vermú.

Xoyma colabora coa Festa Vintage organizando unha sesión vermú a mediodía e un concerto pola noite o sábado. Será a carón deste local. E Pastelería Anduriña tamén ofrecerá unha sesión vermú o sábado nas inmediacións deste establecemento.  

E diante da xoguetería Buxo, na glorieta de Vilalba, haberá unha sesión de globoflexia para nenas e nenos. 

O CCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da...

leer más
Etiquetas:
28/06/2018

O CCA de Foz continúa así conmemorando o seu trinta aniversario. 

O sábado a mediodía haberá sesión vermú con música en directo. Os que se acheguen á cafetería Mayros poderán disfrutar da actuación de Contrabando e os que vaian a Xoyma escoitarán a Os Alcántara. 

Na quinta edición da Festa Vintage sortearanse 1.000 euros en vales de compra, dous por importe de 200 euros, un de 100 euros e dez vales de compra de 50 euros cada un.
Os clientes dos establecementos asociados recibirán os vales para participar no sorteo polas compras realizadas entre os días 22 e o 30 de xuño. Este sábado ás 20:30 horas na carpa instalada diante do Concello haberá unha actuación musical a cargo de Sons Varadero. Posteriormente, ás 20:45 horas, celebrarase o sorteo en directo dos 1.000 euros en vales de compra.

... leer más
Etiquetas:
14/06/2017

A 4ª Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, terá lugar os días 23 e 24 de xuño. Nesta ocasión estará dedicada aos anos 80. Durante toda a fin de semana haberá moitas actividades, descontos especiais no comercio, tapas e menús vintage e o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de compra. 

Un total de 15 locais hostaleiros ofrecerán durante as dúas xornadas tapas vintage a 1,50 euros e menús vintage por 15 euros. Os participantes son: A Funcional, A Viela, Aroma, Anduriña, Mayros, Costumes do Mar, Fraggle Rock, Marexada, O Carro, Portovello, Dandy, Fina, Xoyma, Tangarte Mariñeiro e Tangarte Mesón. 

O sábado, 24 de xuño, na carpa que estará instalada diante do Concello actuará a partir das 20 horas o grupo Sons Varadero y ás 20:45 horas dará comezo o sorteo presencial de 1.000 euros en vales de...

leer más
Etiquetas:
13/06/2016
Fin de semana intensa a carón da III Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. Haberá moitas actividades os días 17 e 18 de xuño.
 
Todo está listo en Foz para a celebración da terceira Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, o vindeiro 18 de xuño. Haberá tapas, menús e un mercado Vintage, descontos no comercio e tamén concentración de coches clásicos. 
 
O retorno aos anos 60 enmárcase dentro das actividades, que cada mes programa o Centro Comercial Aberto, co obxectivo de promocionar o seu comercio e a súa hostalería e para ofrecer alternativas atractivas aos veciños e visitantes. A terceira Festa Vintage será o 18 de xuño. Os responsables do Centro Comercial Aberto animan “a focenses e visitantes a poñer os seus traxes e os seus vestidos para viaxar por un día á década dos anos 60”. Durante a xornada haberá pasarrúas, talleres infantís,...
leer más
Etiquetas:
03/06/2016
A terceira Festa Vintage, que se celebrará en Foz o 18 de xuño, estará dedicada aos anos 60. Haberá tamén concentración de coches clásicos e xornadas gastronómicas.
 
Todo está listo en Foz para a celebración da terceira Festa Vintage, que organiza o Centro Comercial Aberto, o vindeiro 18 de xuño. O evento foi presentado nas últimas horas nas inmediacións do Concello de Foz coa asistencia do alcalde, Javier Castiñeira, o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, a secretaria da asociación, Olaya Pedrosa, outros membros da directiva como Celia Núñez, Purificación García e Moncho Castro, ademais de Alberto Rodríguez, promotor da concentración de coches clásicos, que tamén terá lugar esa xornada. 
 
O retorno aos anos 60 enmárcase dentro das actividades, que cada mes programa o Centro Comercial Aberto, co obxectivo de promocionar o seu comercio e a súa hostalería e para ofrecer alternativas...
leer más
Etiquetas:
19/06/2015
Todo está listo en Foz para a II Festa Vintage, que se celebrará o 27 de xuño. Haberá mercadiño, tapas e menús da época e ofertas especiais no comercio.
 
Unha parte da avenida da Mariña, de Foz, estará cortada ao tráfico o día 27 deste mes, sábado, para acoller diversas actividades da segunda Festa Vintage, que foi presentada hoxe diante da Casa do Concello. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anima a participar neste evento e destaca o traballo dos responsables do Centro Comercial Aberto, que conta coa colaboración do Concello para a organización deste festexo.
O rexedor municipal explicou que “dende o Concello estamos contentos de que se organice a segunda Festa Vintage, que hoxe vimos de presentar co presidente da Acia e cos responsables do Centro Comercial Aberto de Foz. Esta idea dos comerciantes levouse a cabo por primeira vez o ano pasado e nesta edición vai haber certas novidades interesantes, sobre todo para o...
leer más