O 1 de xuño terá lugar en Viveiro a presentación do libro "Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV)", de Francisco Rodríguez.

O vindeiro mércores, 1 de xuño, ás 20 horas,  terá lugar no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, a presentación do libro Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV ) da que é autor o historiador Francisco Rodríguez Sánchez.

A obra percorre a etapa medieval de esplendor do reino de Galiza e a posterior crise da segunda metade do século XIV e está feita coa vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre este período se teñen producido. O libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia.

A presentación correrá a cargo de Xulia Canoura, profesora xubilada  e o acto está organizado  pola Fundación Galiza Sempre e  a  Asociación Socio-Pedagóxica Galega.