O 11 de febreiro terá lugar en Foz unha nova edición do Touporroutou. A Pomba do Arco anima a acudir ao colexio Martínez Otero a esta aceda cita.

A asociación A Pomba do Arco de Foz organiza este domingo, 11 de febreiro, unha nova edición do Touporroutou.

Terá lugar no salón de actos do colexio Martínez Otero a partires das 21:00 horas, e nela contarase coas coplas máis acedas que serán lidas por Tono e os seus amigos. Ademais participarán as pandeireteiras da Subela e os Kentakis será a banda convidada.

A asociación A Pomba do Arco convida estes días a aqueles que queiran participar coas súas coplas de entroido a depositalas nas furnas instaladas nos diferentes establecementos da vila.