O 12 de agosto celébrase en San Ciprián o torneo Maruxaina de fútbol, que disputarán CD Castro, CD Foz e Viveiro CF.

O estadio municipal de A Veiga, de San Ciprián, acollerá este xoves, día 12 de agosto, a cuarta edición do torneo Maruxaina de fútbol. Será un triangular, que disputarán o CD Castro, o CD Foz e o Viveiro CF.

Empezará ás 18:30 horas co enfrontamento entre o Viveiro e o Foz. Ás 19:30 xogarán o Castro e o Viveiro. E o terceiro partido será ás 20:30 horas entre o Foz e o Castro.

Este evento deportivo está organizado polo CD San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.