O 13 de agosto terá lugar na Pontenova o BaixEo 2022 ao que seguirá o XXI Gran Faragull-Eo.

O Concello de Pontenova e o CIT A Pontenova organizarán o vindeiro 13 de agosto o Baixeo, unha baixada polo río Eo con todo tipo de artiluxios flotantes co lema baixa como poidas. Este evento dará comezo ao XXI Gran Faragull-eo, unha comida entre participantes, familiares e invitados na que estará presente o faragullo, un prato típico da zona.

O día comezará as 10:30 horas coa concentración na Chousa. As 11:00 realizarase a saída para Piegaponte e as 12:00 a saída para Salmeán, os puntos de partida dende os que poden comezar os participantes. As 14:00 horas será a chegada ó Pozo da Ola, coa que se dará comezo o XXI Gran Faragull-eo.

Os interesados en participar poderán anotarse ata o 11 de agosto, ingresando 15€ na conta número ES96 2080 0137 4130 4000 1688 de ABANCA – A Pontenova. Nesta inscrición, cada participante deberá indicar o punto de partida dende o que desexa comezar: Piegaponte ou Salmeán. A inscrición inclúe o transporte das embarcacións dos participantes e o dereito a participar como comensal no XXI Gran Faragull-eo. 

Para máis información chamar ao teléfono 982 34 21 01.