O 13 de maio Marionetas Trécola representará "O agasallo de Anya" no auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo.

O auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo acollerá este domingo, 13 de maio, ás 17:30 horas unha actuación de Teatro Marionetas Trécola que representará a obra O agasallo de Anya, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

É a historia de Anya e Xiana, dúas nenas que viven separadas por catro mil quilómetros pero unidas por todo o demais, sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade… Neste espectáculo as dúas protagonistas descubriranos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.

Trátase dunha obra baseada no conto orixinal de Sabela  Núñez Singala que se representa con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.