O 13 de novembro haberá teatro no Casa da Cultura de O Vicedo. O Grupo Nova Escena representará "A tortilla e a peste".

Esta semana volve o teatro á Casa da Cultura de O Vicedo. 

O sábado, 13 de novembro, ás 20 horas O Grupo Nova Escena Teatro, de Lugo, representará a obra “A Tortilla e a Peste”. 

Varias mulleres contan a súa experiencia durante o período do confinamento. A privación de contacto, o illamento, a distancia, fan que cousas cotiás, como unha simple tortilla, adquiran unha dimensión diferente, converténdose no “axis mundi” duns personaxes ligados ao mundo a través do finísimo fío da tecnoloxía. 

A entrada é gratuíta.