O 13 de xaneiro celébrase a XII Festa dos Callos de Vilamar (Barreiros)

O sábado 13 de xaneiro a partir das 21:30 horas celebrarase na localidade barreirense de Vilamar a XII Festa dos Callos, que se desenvolverá nun local cerrado con calefacción no campo da festa.

O menú consistirá en callos de tenreira, costela asada de porco celta con pementos e patacas, sobremesa, viños, augas, refrescos, café e chupito. O prezo por persoa é de 28 euros, pero @s nen@s de 6 a 12 anos só terán que pagar 14 euros. O prazo para reservar rematará o 9 de xaneiro.

A festa estará amenizada coa música de dúo Xilos, Carlos Manteiga e DJ Conxuro.

A Comisión de Festas de Vilamar, que é a organizadora do evento di: “no voso lugar non dubidaría en asistir. Ademais de degustar unha deliciosa comida realizada polo Catering Chao de Brea, viviremos unha tremenda festa rachada hasta que o corpo aguante”.