O 13 de xuño celébrase a Romaría de San Antonio da Rigueira, en Xove. O bispo Luis Ángel de las Heras oficiará a misa da unha da tarde.

O vindeiro mércores, 13 de xuño, celébrase a Romaría de San Antonio da Rigueira, na parroquia do mesmo nome no Concello de Xove.

Esta romaría conta cada ano con centos de romeiros de toda a Mariña e da comarca de Ferrol. Entre outras moitas actividades, vai haber misas pola mañá e pola tarde.

As celebracións eucarísticas da mañá serán en horario de 10:00 horas, 11:30 e 13:00 horas. Esta última vai estar presidida polo bispo diocesano Luís Ángel de las Heras Berzal. As misas da tarde serán ás 18:30 e ás 20:30 horas.