O 14 de xaneiro celébrase na parroquia barreirense de Vilamar a XI Festa dos Callos.

A XI Festa dos Callos, que terá lugar en Vilamar o 14 de xaneiro, está organizada pola comisión de festas de Vilamar, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros. 

O evento será no campo da festa nun local pechado, que contará con calefacción. O menú consistirá en callos, costela asada con pementos e patacas, postre, viños, auga, refrescos, café e chupito. O prezo é de 28 euros por persoa. As nenas e os  nenos de 6 a 12 anos pagarán 14 euros. A data límite para anotarse é o 10 de xaneiro. 

A festa estará amenizada polo dúa Somos Latinos e pola discomóvil Onda Norte.