O 15 de marzo en Ourol terá lugar a representación de "La Pimentera". Haberá tamén un foro sobre o papel da muller na sociedade actual.

O edificio multiusos de Ourol acolle este domingo, 15 de marzo, ás 17:00 horas a representación La Pimentera, teatro foro sobre o papel das mulleres nos pobos.

É unha idea orixinal de Miguel Fernández, con guión e dirección de Tatyana Galán.

A representación ten lugar con motivo da celebración do Día da Muller e ao seu remate realizarase un foro participativo onde as persoas asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual.

Esta actividade está financiada con cargo ao Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad e o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.