O 15 de novembro terá lugar en Xove unha xornada titulada "Míranos. Emprendemento e Comercio Local". Haberá charlas e música.

O próximo venres, 15 de novembro, ás 20.30 horas terá lugar un acto cos seguintes obxectivos: fomentar o consumo local e transmitir a importancia da innovación para as pequenas empresas.

O acto será presentado polo alcalde José Demetrio Salgueiro, a continuación a axente de emprego e desenvolvemento local, Rosa Lage, dará a coñecer as accións que compoñen a campaña chamada “Míranos. Emprendemento e Comercio Local” para dar paso a dúas emprendedoras que exporán a propia experiencia emprendedora e empresarial: Nieves Medina, de Conservas Artesanas Curricán (emprendedora local) fará a súa intervención que leva por título “Tradición e Innovación no local” e Elena Ferro de Eferro (emprendedora invitada) falará de emprender e dignificar dende o local. 

A este evento porá música o Grupo Vocal SondeNós que interpretará as pezas do seu traballo Identidade.

No acto presentarase a campaña de Nadal que o Concello organiza para este ano e que consiste na entrega dun papel de envoltorio deseñado polo debuxante Primitivo Marcos para que utilicen todos os comercios que o desexen ofrecendo así unha imaxe conxunta nos agasallos detas datas (este papel de envoltorio foi realizado con subvención de Xunta de Galicia ao abeiro do programa Xove emprende en galego); por outra banda presentarase o Concurso de Escaparatismo deste Nadal.

O evento estará presidido por un escaparate conxunto que se instalará para a ocasión con produtos e servizos de todos os comercios e negocios que quixeron mostrar todas as posibilidades que ofrecen para agasallar neste Nadal comprando en Xove.