O 19 de setembro terá lugar a II Carreira de Cabalos Cidade de Viveiro, que organiza a asociación Cabaleiros do Landro.

A Asociación Cabaleiros do Landro, de Viveiro, organiza a segunda edición das carreiras de cabalos Cidade de Viveiro que se celebrará o día 19 de setembro no campo de fútbol de Celeiro.

O colectivo comunica que o programa está aberto a posibles cambios segundo a normativa covid do momento e proximamente presentará as actividades que se desenvolverán nesa xornada.

A Asociación Cabaleiros do Landro naceu en 2018 co obxectivo de ser un punto de encontro para os afeccionados ao mundo equino. A primeira edición desta proba celebrouse en 2019 coa participación dun centenar de cabalos e gran asistencia de público.

Colaboran na organización deste evento: Deputación de Lugo e Concello de Viveiro.