O 2 de novembro da comezo a sétima edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña. 19 restaurantes e 6 magos participan nesta cita.

A Mancomunidade de Municipios da Mariña organiza a sétima edición do Mes da Maxia que se celebrará do 2 de novembro ao 1 de decembro. O evento, no que participan 19 establecementos hostaleiros da comarca, foi presentado esta tarde no Cenima, en Foz, con asistencia do presidente desta entidade, Alfredo Llano, do director do Parador de Turismo de Ribadeo, Antonio Graña, do Mago Rafa, e do alcalde de Foz, Javier Castiñeira. Xunto a eles estiveron representantes da Asociación de Magos da Mariña. 

Alfredo Llano fixo fincapé en que o obxectivo do Mes da Maxia pasa por desestacionalizar o turismo no mes de novembro: “nosoutros queremos un turismo fluído durante todo ano, que veñan en xaneiro, en febreiro, en marzo, … porque nos meses de xullo e agosto xa enchemos. Este ano de todas as zonas de Galicia A Mariña foi na que máis se incrementou o turismo en proporción nos mes de agosto. Hai un condicionante especial, que é o da temperatura, porque mentres por aí abaixo están a 45 graos ou máis aquí temos 27 e iso cada vez trae máis xente, que ven refrixerarse”. E manifestou que “hai meses como o de novembro, que son frouxos. Entón o que facemos é motivar á xente a saír da casa ou que se veñan desde Asturias ou desde Lugo a ver un espectáculo de maxia ao mesmo tempo que van ben ceados e ben servidos. Levamos varios anos facendo isto e vese que cada vez vai a máis”.

O Mago Rafa dixo que “a la magia le llaman la reina de las artes porque se nutre un poquito de todas: de la música, del teatro e incluso de la danza. Galicia es de las comunidades autónomas donde más magia hay de toda España e incluso es la única donde está considerada la magia como arte escénica, algo que no pasa en ningún otro sitio de España y creo que ni del mundo. Para nosotros es un honor porque creo que tiene que tener su propio espacio. La mezcla de magia y gastronomía fue una idea brillante hace siete años. Las seis ediciones anteriores funcionaron muy bien y este año no tiene porque ser diferente”.

En representación dos restaurantes participantes interviú o director do Parador de Turismo de Ribadeo, Antonio Graña, que sinalou: “recuerdo perfectamente cuando empezamos esta experiencia, hace siete años, que costó un poco conectar a la gente con esta iniciativa, pero año tras año fue gustando más y ahora desde hace unos meses ya hay quienes nos preguntan cuándo va a ser lo de la magia este año. Eso es lo positivo: generar una demanda especial en estos meses tan bajos de actividad. Todos los que nos dedicamos a la hostelería querríamos tener doce meses de agosto en el año pero es complicado, entonces este tipo de acciones son muy positivas. Además es una iniciativa preciosa para la familia, porque las que tienen niños pequeños pueden traerlos para que vean magia de cerca, pues la cara que pone un niño cuando ve un truco de magia es sorprendente y se quedan encantados”.

E o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, manifestou que o Mes da Maxia “é un dos clásicos de novembro, que é un mes complicado para a hostalería. Polo que búscase desestacionalizar e tamén afondar un pouco na marca Mariña, que desde hai uns anos está soando moito mellor, cos magos, cos artesáns, … e estamos sabendo explotar recursos que temos xa de por si: patrimonio, cultura, etcétera. Estas actuacións teñen moi boa acollida e estamos satisfeitos por elo”. 

Nesta sétima edición do Mes da Maxia participarán os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. 

Os locais que acollerán as súas actuacións son: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A Penela, Area Grande, O Almacén, As Sirenas e Parador de Turismo de Ribadeo.

O Mes da Maxia arrinca este venres, día 2, en O Asador, de Viveiro, onde actuará o Mago Rafa; e en O Noso Lar, de San Cibrao, cos Magos Joge e Paredes. O sabádo, 3 de novembro, Joge e Paredes encherán de maxia Casa Damián, en Foz; e o Mago Rafa fará o propio no hotel Vila do Val, en Ferreira do Valadouro. 

O 9 de novembro o Mes da Maxia chegará ao restaurante Buenavista, en Burela, co Mago Kiko; e á Marquesa, tamén en Burela, co Mago Rafa. O 10 de novembro será a quenda para A Garita, en Ourol, que contará con Kiko e Paredes; e para Casa do Fidalgo, en A Pontenova, onde actuará o Mago Pi. 

A terceira fin de semana de novembro o día 16 o Mago Teto deleitará cos seus trucos de maxia aos clientes do Mis en Plas, de Burela; e Kiko e Joge estarán no Rincón do Mis, en Foz. O día 17 o Mago Teto estará en Ribadeo no hotel restaurante O Cabazo. 

Xa o 23 o Mes da Maxia chegará a Barreiros. A Yenka contará con Pi e Joge e Texturas Galegas, en Ribadeo, gozará cos trucos do Mago Rafa. E o 24 Pie e Paredes actuarán no restaurante Area Grande, de O Vicedo, e Joge estará en A Penela, en Mondoñedo. 

O día 30 de novembro en As Sirenas, en Viveiro, estará o Mago Teto; e no Almacén, en Cervo o Mago Rafa; e finalmente o 1 de decembro o Mago Teatro levará a maxia a Casa Franco, en Alfoz; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Parador de Turismo de Ribadeo. 

Na páxina web www.mesdamaxia.com atópanse o listado cos restaurantes participantes así coma os menús que se poderán degustar en cada un deles e os números de teléfono para facer as reservas. Os prezos dos menús máxicos, que inclúen as ceas e os espectáculos de maxia, oscilan entre os 25 e os 30 euros. A xerente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Tania Hermida, subliñou que “os restaurantes dispoñen de menús infantís e de diferentes posibilidades gastronómicas para que os máis pequenos e pequenas tamén gocen destas noites de maxia e de ilusión. O único que teñen que facer os seus pais é consultalo nos locais que se dan cita neste sétimo Mes da Maxia”.