O 20 de novembro en Viveiro terá lugar o obradoiro de manualidades en familia. A inscrición está aberta.

O prazo de inscrición remata o sábado 19 ás 12:00 horas 

O Concello de Viveiro abre o prazo de inscrición para o obradoiro de manualidades en familia que se levará a cabo este domingo, día 20, con motivo da celebración do Día Mundial da Infancia. 

Poderán participar de balde persoas de tódalas idades, sendo imprescindible a súa inscrición previa, a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/6rhmDLAGjBzgzBTF7 ou ben cunha chamada ou whatsapp ao seguinte teléfono de contacto 654208333. 

A actividade terá lugar ás 17:00h no Salón Multiusos do Concello de Vivero e está organizada polo Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro, coa colaboración da Concellería de Benestar Social e Eureka. 

Consistirá nun obradoiro de chapas e a creación dun mural creativo a través do que dar visibilidade á transcendencia da Saúde Mental Infanto-Xuvenil.