O 20 de setembro da comezo en Burela un obradoiro de teatro para persoas maiores de 8 anos. A inscrición está aberta.

A Concellería de Cultura organiza un obradoiro de teatro, que comezará o vindeiro 20 de setembro.

Estará dirixido por Juan Villarino, director do grupo de teatro O Torques formado en Burela en 2016 e poderán participar persoas maiores de 8 anos.

A actividade, para un máximo de 12 asistentes, terá unha duración total de 16 horas e os horarios serán a convir unha vez pechada a inscrición.

Os/as interesados/as poden anotarse na Casa da Xuventude a partir de hoxe, venres, no número de teléfono 982 581 141.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima á xente a que “pierda la vergüenza y el miedo, y se anime a participar. Con este obradoiro pueden salir nuevos actores y actrices para el grupo de teatro local que tenemos que apoyar todos. Además Juan Villarino tiene una gran trayectoria en el mundo del teatro aficionado y se puede aprender mucho con él”.